8/12/07

Corazón de tinta

Autora e ilustradora: Cornelia Funke
Tradutora: Rosa Pilar Blanco
Editorial: Siruela
Ano: 2004
Colección: Las tres edades
Idioma: castelán
Localización: 82N-c/FUN/cor

Meggie ama a lectura, paixón herdada do seu pai, Lengua de Brujo, un restauradaor de libros, capaz de traer á realidade ás personaxes da ficción. Unha noita de chuvia, ambos reciben a visita de Dedo Polvoriento, un saltimbanqui "comelume" que lles advirte dun gran perigo. A partir dese momento terán que loitar, axudados por persoas reais e por personaxes literarias, en contra do malvado Capricornio e dos seus homes.

A autora comeza cada capítulo do libro con citas de obras clásicas infantís e xuvenís, que sempre están relacionadas co que sucede, incluíndo en todo o texto mencións a personaxes literarias. Resaltar que Meggie, a protagonista, non é perfecta, sendo capaz de desexar a morte doutras persoas e non se arrepentir por iso.

Descubre con esta novela o amor aos libros que sinten os seus protagonistas e dinos se queres que adquiramos a segunda parte da historia, xa publicada e titulada "Sangre de tinta", que leva a Meggie ata o fogar de Dedo Polvoriento

1 comentario:

Anónimo dijo...

é un libro moi bonito por que vai de un pai é unha filla que viven sos. O pai arregla libros e ela leos.un amigo do pai ten un animal que é sacado dun libro unha marta con cornos. ten este animal por que o pai desta o ler en voz alta saca os personaxes